Arquivos mensuais: Outubro 2011

BULLÓS CON LEITE, CEA DE SAMAÍN

En canto pechou a noite puxémonos a pelar castañas, para a ocasión “de parede”, que é das que comeron sempre. Na lareira as lapas alumean de xeito especial a estancia á que xa van chegando mulleres e homes que nos … Sigue lendo

Publicado en Gastronomía | 6 Comentarios

VIAXE POLA RIBEIRA SACRA

  Iniciamos viaxe pola Ribeira Sacra para ver o románico. Fomos provistos dun texto de Emilia Pardo Bazán proporcionado polo profesor González Herránz, que non podía ser máis oportuno. Publicado en El Imparcial en 1890, fala dunha súa “peregrinación a … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 4 Comentarios

ESCOLA E RURAL

Fragmento da conferencia pronunciada en Quintá de Cancelada, 50 anos despois, invitada pola asociación CASTAÑO Y NOGAL, o día 29 de outubro de 2011  (…) Se miro hoxe aquela escola sinto calafríos: un local alugado, paupérrimo, frío, con ratos que bulían … Sigue lendo

Publicado en Manifesto | 4 Comentarios

NUCO, O ESCULTOR ÉTICO

    Visitando a mostra que o escultor Nuco ten na Casa da Cultura de Porto do Son desde o pasado venres, vese que o rianxeiro fai un traballo ético, ademais de artístico. Tíñanos afeitos aos coñecedores do seu museo … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios

VIAXE AOS VELLOS MOSTEIROS

Publicado en Creación, Fotografía | 3 Comentarios

O XUNQUE E A METÁFORA (na conmemoración do día do poeta no Brasil)

En xunque de cristal, a Metáfora. Achégase o poeta sen protexer os ollos do fulgor nin as mans da friaxe, nin a razón da escuma, nin tan sequera o corazón da agarda. E traballa en silencio e con vergoña de … Sigue lendo

Publicado en Creación, Poesía | 4 Comentarios

A ROUPA DAS VIRXES

Lin un artigo de Manuel Vicent sobre o interior das Virxes vestidas e as ofertas das flores a María. Emocionoume porque eu percibo a relixiosidade no olor das rosas antigas e das flores do philadelphus que achegabamos aos altares de … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en A ROUPA DAS VIRXES

LAXEIRO, O POETA DA TERRA

Facendo debuxo ou pintura, Laxeiro é un poeta da terra. Para mellor dicir, Laxeiro era xa poeta da terra cando andaba de pastor ou exercía calquera outro dos seus oficios antes de se entregar ás formas e ás colores. Por … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en LAXEIRO, O POETA DA TERRA

AS PALABRAS NAS BOCAS FEMININAS

A boca feminina foi deseñada para se pintar, sorrir e estar calada. Dicía o pergameo: “Se falase farao sempre en lingua distinguida igual que ha camiñar con paso curto e o busto ben ergueito. Non deberán os labios femininos envilecerse … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

Haiku 2

Fíxose noite e o sol baixa escaleiras tras da montaña.

Publicado en Creación, Poesía | 2 Comentarios