Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

A IGNOMINIA

Sacárona do mar para que afogue entre as silvas.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | Comentarios desactivados en A IGNOMINIA

FOTOGRAFÍA EN BRUXELAS

A artista axitadora cultural –tal se di agora de quen fai mover a cultura- Luz Darriba, galega de orixe familiar, volveu a Lugo e, desde alí promoveu actividades como o proxecto Cumulum arredor da muralla, declarada despois patrimonio da humanidade, … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en FOTOGRAFÍA EN BRUXELAS

A FANTASÍA

Cunha pequena sombra pode describir ben un gran paseo.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 2 Comentarios

A SOBERANÍA

A música culminaba toda a interpretación dun mundo libre.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | Comentarios desactivados en A SOBERANÍA

PERMANENCIA NOS CAMBIOS

No fondo do calexón de Valcárcel, que salvaba un dos grandes desniveis de Becerreá, hoxe en escalinata, colocábase os tres e dezanoves do mes, días da feira, Victorino de Eixibrón cunha meniña eivada. É un dicir, porque non se lle … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 2 Comentarios

A PUBLICIDADE

Búscase lagarto emprendedor para fabricarmos as enaguas de Carolina.  

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 6 Comentarios

AS ESCALEIRAS

Oín falar desde nena da costa de xaneiro. Non sabía daquela que era unha metáfora da  estreitura económica difícil de superar e na miña inconsciencia quedou substituída a representación da costa por unha escaleira, que me parecía máis doada de … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en AS ESCALEIRAS

A AUSENCIA

  Moito me mata escoitar só a metade do vento.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 10 Comentarios

UN XERME DE BELEZA

Adiviñar a forma dun corazón noviño, asulagado entre folla e penica en auga podre encorgada nun plástico rural, ben pode ser un xerme de beleza.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 3 Comentarios

A VIDA

Tamén as outras cousas seguiron anoadas con fíos invisibles.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 2 Comentarios