Arquivos mensuais: Marzo 2012

O DÍA DA FOLGA

Nin a ela nin a el lles resultou doado ir á folga, aínda que non teñen empresa que ameace. Son xubilados e saben que a folga é tamén unha actitude vital. Tomaron nota das empresas que a prohibían aos empregados … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 4 Comentarios

O MAL

A serpe puxera na figueira o seu ollo noxento.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 2 Comentarios

LARANXAS LITERARIAS

As laranxas galegas máis literarias deben ser as dunha peza dramática infantil de Carlos Casares, de cuxo falecemento se cumpriron dez anos o pasado día 9. Titúlase  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (Galaxia, 1973) e mereceu o … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios

A OBSESIÓN

Atopara un camiño de difícil retorno e final enreixado.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 3 Comentarios

A GALICIA QUE SOÑO

 A Galicia que soño non é unha utopía, só é un país que se rexenera da súa postración e busca un lugar digno entre os pobos do mundo. Que lles fala ás nenas e aos nenos como facían os devanceiros … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Manifesto | 6 Comentarios

A NECESIDADE

No xardín apareceu unha gaiola para airear soños barolentos.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 4 Comentarios

A PROTECCIÓN

Recolleu os elos para non ter fin nin principio.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 2 Comentarios

MIL FESTAS PARA A LINGUA

D. Álvaro Cunqueiro, nunha das súas últimas intervencións públicas, desexáballe á lingua galega mil primaveras máis. Manaia don Álvaro por esta elegante petición dirixida aos falantes, e aos fados, para que Galicia conserve o máis importante sinal de identidade: a … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en MIL FESTAS PARA A LINGUA

O CONTAXIO

Non podía crer que empezara sendo lata de sardiñas.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | Comentarios desactivados en O CONTAXIO

PAR DE BOTÍNS

No panel dos designios alguén lles puxo data de caducidade: once de marzo do ano dous mil catro ás sete e trinta horas da mañá.   Non eran fashion, que fora restados a unha mensualidade de hipoteca, a unha letra … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | Comentarios desactivados en PAR DE BOTÍNS