Arquivos mensuais: Abril 2012

CERVA ENTRE AS ESPADANAS

    Cabo do río fun cerva, que baixaban as augas azuis como lirios e poñían debezos dunha nova cantiga sobre o meu corpo.   Era na tarde en que matei a serpe, na que me perseguían as campás, na … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

LOLA, UN FILM DE ALFREDO PARDO

Lola é o título do último traballo de Chantada Films. A curtametraxe leva o nome da adolescente que esperta no protagonista, Cibrán, sentimentos que xermolan en contacto co mundo rural galego cara a 1964. No filme ten importancia a presenza … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en LOLA, UN FILM DE ALFREDO PARDO

Á SEÑORA MANUELA DA LIMIA, A DONA DO SILENCIO

EVA DE TODOS NÓS   Mans de terra queimada, ¿quen vimos sendo, Eva de todos nós, desamparada Xea, espírito sublime na cinsa esparexida nos agros da memoria?   Vimos sendo o que es ti: recordo e tempo dunha terra fértil … Sigue lendo

Publicado en Creación, Poesía | 2 Comentarios

CANCIÓN REPUBLICANA APRENDIDA DE MEU PAI, ABELARDO VILLAR

    A cantarles vengo la última noticia que del mundo entero la atención merece: hoy la vieja España es republicana y ya no es monarca don Alfonso XIII. Que tras el gran triunfo de las elecciones y por el … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Poesía | 6 Comentarios

CANDO OUTONAN OS RÍOS

Cando outonan os ríos tras do parto das fontes arrastran as palabras maduras dos poetas e as últimas colores roubadas aos espidos van trazando o destino final de cada folla. Arriba ou cabo deles quedan orfas as parras señardosas do … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

UN QUEIXO XACOBEO

Entre os queixos galegos hai un moi especial pola textura, presentación, sabor e forma. É o queixo do Cebreiro, que estivo a piques de desaparecer na década dos pasados oitenta. Pero en 1990 apareceu a queixería Castelo e en  1991 … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Gastronomía | 4 Comentarios

TERRA QUEIMADA. ÁS FRAGAS DO EUME

Ardeu a terra e rematou no edén o canto sulagado do río que serpea en conversa telúrica. A borralla quentando a fumegada que deixou a paisaxe fai tremer a unidade do mundo que sustenta co misterio do bosque as pisadas … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 4 Comentarios

PRIMAVERA QUEIMADA

A pasada fin de semana marchei a Cancelada para facer parte da ruta Quintá-Río Donsal e ver como renace a primavera na alta montaña da que procedo. O anuncio do cambio de estación fano no chan as prímulas e as … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 8 Comentarios

A PAIXÓN SEGUNDO SAN MATEO

April is the cruellest month.                                                                        T.S. Eliot ¿Por que te aflixes, Khayyam, por  ter cometido tantos pecados?  É inútil a túa tristeza.  Despois da morte, ou a nada ou a Misericordia.                         Rubaiyat Omar Khayyam     Abril, que … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 5 Comentarios