Arquivos mensuais: Maio 2012

O CONSELLO

POMO LUXOSO Déralle o título de mestre e consultáballe todo. -Débolle dez mil pesetas a D. Lisardo, mestre querido. ¿Pagareillas ou non? -Se llas debe, si. E volveulle preguntar pola noite a ver se cambiara de idea. E a mañá … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en O CONSELLO

FALAR SEN FALAR

PAREDE MOFOSA Eran catro e estaban soas. Fixeran xuntas a vida e gastaran a conversa. Pero saían a ese mundo que está fóra, onde a linguaxe segue con palabras de loouvanza, desprezo, protesta, amor e odio. E elas, do ganchete, … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en FALAR SEN FALAR

BIOGRAFÍA BREVE

RETRATO Batemos nun cruce de camiños e paroume para falar da súa vida. -…Pois si. Funlle de todo. Labrega, criada de servir, costureira polas portas, mariscadora, vendedora ambulante. Mesmo andei enrolada nun barco. Menos puta, fun de todo. Cando marchou, … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 2 Comentarios

KENNINGTON ROAD

  Do seo da taberna mana a música e acordeóns e violíns pola vidreira oeste cortan a luz do sol en poliedros e colocan no colo desta tarde os últimos diamantes.   Veño de ver os cisnes polo Támesis, de … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 4 Comentarios

O ENSINO PÚBLICO (I)

Enorgulléceme ter traballado con entrega nunha profesión non elixida. Posiblemente nacera para a música, pero á nena de familia pobre nunha vila pequena e na posguerra non lle era posible desenvolver capacidades artísticas nin pensar que viviría dese traballo cando … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 4 Comentarios

A XENEROSIDADE

ESTILO CASTELAO O idealista deixounos estas gafas para vermos outro país.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | Comentarios desactivados en A XENEROSIDADE

ESTREAS

Estreaba zapatos de tacón, maquillaxe, vestido elegante, perfume caro… Estreábase falando en público, mellor dito, lendo en público dous folios que escribira con esmero e aos que dera sete voltas de ensaio. Estreábase como presentadora na entrega de premios e … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 4 Comentarios

AÍ VEN O MAIO

Maio é privilexiado no noso calendario. Como mes da plenitude primaveral, polos seus primeiros días celebrábase a primeira festa estacional e agrícola, a do renacer, non exenta da crítica social que os acompañantes do monumento floral que ía en padiola, … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 6 Comentarios

COMO ME FALA A TRIBO

BACONRÚSTICO ALDEÁN  Sobe a lúa ata o cénit como a cometa que tira da fanfarria dos grilos espallados pola efusiva aperta vexetal que torna o esquecemento dos corpos idos e eu, por entre os nocelos, afinco a pa na terra, … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 4 Comentarios

O XORNAL LÍRICO

XORNAL LÍRICO Dos xornais que vin hoxe gustoume este. A chuvia borrálle as letras. O vento dobregárao en grandes pregos. O sol esvaecéralle as cores. A terra adornárao coa flor murcha. Por fin tiña nas mans un xornal lírico, o que … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 3 Comentarios