Arquivos mensuais: Xuño 2012

ANO DE QUEIXAS

Fracasaron as ameixas de San Xoán, as de máis cedo, as coloradiñas que adoitan callar ata no toro, porque algo impediu que floreasen debidamente. Teño unha que só deixou cubrir de branco unha ponla, feito que producía perplexidade. Claro que … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 6 Comentarios

NOITE DE SAN XOÁN

Vai pasar hoxe a noite de San Xoán, señardade do lume, agoiros de perigo na auga avolta. Sobre a tona do río non nacen sabugueiros e ovos, se os atopases, serían chocos dunha serpe anfibia reminiscencia inmunda doutro edén no … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 6 Comentarios

A COPA MIRAGREIRA

Erguémonos pendentes da prima de risco e os datos económicos que nos traen amedrantados e teñen orixe en Alemania. ¡Oh tempora oh mores! Cando eramos todos uns formabamos imperio da man daquel “…Carlos quinto,/ que en España era primero,/ con … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 6 Comentarios

A FÓRMULA

Un petou á porta e o outro saíulle abrir. -Ola. ¿Que tal? -Ben. ¿E tamén? -Ben. ¿E por aló? -Todos ben. -Pois moi ben. ¿Que te trae logo por aquí? -Viña a ver se nos podedes vir botar unha man, … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 5 Comentarios

TEMPUS FUGIT

TEMPUS FUGIT Canda  un reloxio quieto e outro andando aparecen as rosas. Algo quedou parado no recordo que levamos colgado como un fósil. Pero aí están as rosas, que saberán volver en cada abril cando os reloxos todos queden mudos

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 6 Comentarios

CARTA DE CESAMENTO

Follas no xardín da Casa de Rosalía A Matanza –Padrón- 12 de abril de 2012 Aos Srs. Membros do Padroado da Fundación Rosalía de Castro No pasado mes de outubro, de xeito informal, comuniqueille á Comisión Executiva a intención de … Sigue lendo

Publicado en Creación, Discurso, Fotografía | 6 Comentarios

VOLVER A GUIMARÃES

Este ano Guimarães é Capital Europea da Cultura e alá imos nunha das coidadas excursións que organiza o Ateneo de Santiago. Tan singular cidade  era xa escenario no que se xuntaban a mediados dos anos sesenta galegos e portugueses nun … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en VOLVER A GUIMARÃES

O ENSINO PÚBLICO (e III)

Os cambios sociais, os avances na pedagoxía, as aportacións da psicoloxía, os descubrimentos de Piaget sobre o desenvolvemento cognitivo, por citar algunha causa da necesidade de cambio, impulsaron a Lei Xeral de Educación de 1970. A norma foi un marco … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en O ENSINO PÚBLICO (e III)

COCIÑA DE PRIMAVERA

Detrás da aparición dos xasmíns, esas flores aromáticas que nos enchen o olfato de primavera, aparecen na terra os froitos máis tentadores para satisfacernos o gusto comunicándonos o seu espertar. Morangos, espárragos, alcachofas, chícharos, fabas rioxanas, patacas novas, ceboliñas, leitugas… … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Gastronomía | 6 Comentarios

PEDINDO PRAGAS

CADEAS Nacera pobre e fráxil. Criouse na miseria e marchou para La Habana. Alí serviu á señorita Emilita que a tratou ben, pero daquela vida levadeira arrebatouna o home, un desalmado que a enveredou para Galicia soa e cos dous … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 2 Comentarios