Arquivos mensuais: Outubro 2012

HOMENAXE A MACEDONIA, Á QUE NON QUERE GRECIA NA UE

Non souben escribir o poema de Ohrid. Só puiden mesturar no cruxol caligráfico o arrecendo elexíaco que hai na rosa de outono e as esperanzas na da primavera; o meu revoo de apátrida andoriña e ese imtempo de brétemas do … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | Comentarios desactivados en HOMENAXE A MACEDONIA, Á QUE NON QUERE GRECIA NA UE

VIAXE AO PEQUENO REINO

A piques de facer oito anos, a nena marchou no coche de liña o día da feira do 19 de setembro para volver a do 3 de outubro. Ía cos parentes de Rionaval, ao corazón dos Ancares. O papá dicía … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 4 Comentarios

DARLLE A VOLTA AO TRAXE

No neoliberalismo que está marcando as nosas vidas e quitándonos os dereitos sociais gañados con tantos anos de esforzo, os ricos cada vez serán máis ricos, os pobres cada vez serán máis pobres e os do medio irán baixando pola … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 2 Comentarios

FOLLAS PALMERA

Os traxes viñan de Buenos Aires, que os mandaban os familiaress emigrados en paquetes. Cando os clientes os traían á xastrería, o papá dicía que procedían do cemiterio de La Chacarita, pero a nena nunca llo creu. No taller facíanse … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 2 Comentarios

MULLERES RURAIS

O 15 de outubro de 2008 instituíuse o Día Internacional das Mulleres Rurais, ao abeiro da resolución 62/136 da Asemblea Xeral da ONU. Recoñécese nela a contribución das mulleres na promoción e desenvolvemento agrícola, a seguridade alimentaria, o cambio e … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios

OS DOUS CAIXAROLOS

ENTRELAZOS DA MEMORIA A nena fora españolizada o xusto no contacto coa escola dos primeiros anos. Ai! Aquel recreo no que as nenas xebradas dos nenos facían xogos de “saca” con música ramplona e letra patríotica! Han puesto una librería … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Narración | 6 Comentarios

TORTILLA DE COGOMELOS

  Os macroboletus, cantharellus cibarius e cropinus comatus son moi axeitados para comer en tortilla. Ingredientes: Cogomelos,  ovos, allo, perixel, aceite de oliva virxe, pementa branca (optativa) e sal. Bótase o allo no aceite e, cando empeza a bailar, bótanse os … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en TORTILLA DE COGOMELOS

COMO TRATAR OS COGOMELOS DE INVITADOS DE HONRA

Cando os cogomelos chegan á casa, deben ser considerados invitados de honra. Por iso procuraremos darlles boa acollida e tratalos con sumo respecto e xenerosidade. A primeira mostra de consideración é miralos de novo, dándolles un repaso para comprobar que … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en COMO TRATAR OS COGOMELOS DE INVITADOS DE HONRA

BENVIDA A UNHA NOVELA

Entre as cousas bonitas que trouxo o outono foi a novela que acaba de publicar a artista multidiciplinar Luz Darriba. Tiven a sorte de ver como se xestou Toda la gente errante e como naceu ese proxecto en crowdfunding ou … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios

LEPIOTAS EMPANADAS CON ALI-OLI

  Hoxe foi cea de gourmets ao modo do que máis me gustan as lepiotas. Para este prato teñen que ser exemplares moi novos, recén abertos e moi compactos Os ingredientes: lepiotas, ovo, fariña, pan rilado, aceite de oliva, sal … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en LEPIOTAS EMPANADAS CON ALI-OLI