Arquivos mensuais: Novembro 2012

NA REALIDADE VIRTUAL

Tratando coa informática desde 1988 e con internet desde 1995, tiven ocasión de ver pasar cousas curiosas, pero non de comprobar a sanación natural de ordenadores. Embalado o defuntiño o outro día para o mandar ao centro de posible reparación, … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 6 Comentarios

A NOITE CEGA

RAÍCES A noite cega, inxenua regálanos insomnios coa loucura que chimpa a luz ausente, tan ausente que as estrelas son rotos dun gran veo impasible, o que cubriu os medos daquel primeiro humano que abriu a boca, os ollos e … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

OBSOLESCENCIA

Estaba preparando eu este artigo para falar da emigración de noso, da que foi e da que ha ser, e morreume o ordenador. Agora escribo nun pequeno de prestado. ¡Que duro é comprobar a obsolescencia das cousas que se crían … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 4 Comentarios

MORTES NO OUTONO

Quen busca impenitente os derradeiros cogumelos de cada outono ve podrecer un bosque que vai entrando, pouquiño a pouco, na morte irremediable, pero salvífica e purificadora, na desaparición preñada de esperanzas porque esterca nova vida. Aínda que é o momento … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

NA SOCIEDADE DO MEDO

Cremos que viviamos na sociedade das tecnoloxías e a comunicación, pero vivimos na sociedade do medo, aínda que a este medo non lle son alleas nin a tecnoloxía nin a comunicación porque o expanden como se fosen lévedo e tamén … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 7 Comentarios

NO NOMEAMENTO DUN FILLO ADOPTIVO

O próximo 24 deste mes, o Concello de Ribadavia nomeará fillo adoptivo ao Profesor e Académico Xesús Alonso Montero. Hai, xa que logo, que lle dar parabéns a este intelectual, incansable aos seus 84 anos. Son moitos o seus méritos. … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios

O INFORTUNIO

DESPAVELADA Despavelada, non cría que tamén lle expropiaran o pé.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | Comentarios desactivados en O INFORTUNIO

ROSALÍA EN JUAN RAMÓN

Resulta revelador saber que libros conmoven de verdade aos grandes creadores da palabra poética. E estimulante, cando se descobre que un poeta que se ama se sentiu impresionado por outro que ocupa lugar preferente no noso corazón. O irmanamento que … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 2 Comentarios

A RESISTENCIA

BOLBORETA BRUXELESA Aquel cacho, convertido en bolboreta, non se deixou arrancar.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 4 Comentarios

A CEA DE SAMHAÍN

Instigada pola omnipresencia nos medios de comunicación da recastada festa de Halloween, que está ocupando cada vez máis espazo co seu barullo de rechamante e nada amable estética, eu decidín volver este ano ás orixes, ao Samhaín, e revivir as … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, Gastronomía | 9 Comentarios