Arquivos mensuais: Marzo 2013

HOMENAXE A PURA E DORA VÁZQUEZ

   IM-PU-DOR[1]   Cuberta xa dos veos vaporosos do outono e esborranchados na color do mosto os perfís do serán, soño convosco, xentís vendimadoras da azul melancolía nos acios das palabras.   Neste soño outonal e augamariño estamos todas tres … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

SEMANA SANTA

A Semana Santa ten as súas orixes nun xuízo contra Xesús de Nazareth que acabou en crucifixión, unha maneira cruel de executar usada por Roma e outros pobos mediterráneos. Para os crentes, a Semana Santa culmina en celebrar a Resurrección … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 4 Comentarios

HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ NO 71 CABODANO DA SÚA MORTE

UN RAIO ENTRE DOUS ÚTEROS … se hundió en la noche el niño que quise ser dos veces. Miguel Hernández A túa vida foi raio entre dous úteros un raio que encendía conciencias e xasmíns, unha luz que esporaba ata … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

SONO DE PETRÓGLIFO

                                                                                              No encastelado cume                                                                                               do vello castro altivo                                                                                               hai unha longa pedra                                                                                               con misteriosos riscos.                                                                                               Ramón Cabanillas     Xa non baixo buscar segredos de cristal nin enfurcar colares co frescor nacarado que deita nos oídos … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios

DE BEATA SENECTUTE

  A abeirarse na ría veñen as naves de Simbad e Ulises tal como antes polos días claros chegaban noutras tardes a outros mares.   Arriban sen anuncio e en silencio, con paso velaíño, poñen o mascarón cara este corredor … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 6 Comentarios

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS[1]

NOVAS DESDE ABUÍN SOBRE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE O poeta é un cazador alucinado: atrapa a verba, atrapa a bolboreta que se queima en faíscas decontado; atrapa mesmo o soño de poeta. Antón Avilés de Taramancos                                                                     Na estrema deste … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | Comentarios desactivados en ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS[1]

DEUS GARDE AS OVELLAS

Faltaba por aparecer naquela escena telúrica o fenómeno que máis respecto impoñía. Era o trono, que veu con maio e aumentou en xuño, dándonos moitos sustos polas tardes. Cada descarga que retumbaba no aire metíase nos vales facendo eco multiplicador. … Sigue lendo

Publicado en ABRINDO AS ÁS, Creación, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en DEUS GARDE AS OVELLAS

MÚSICA NO SESQUICENTENARIO DE CANTARES

Ao Congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, do que é anfitrión e principal promotor o Consello da Cultura e que se desenvolve en cinco xornadas de febreiro a xuño, engádese unha nova actividade rosaliana relacionada coa … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 2 Comentarios

O POEMA QUE ESPERAS

A BERNARDO GARCÍA CENDÁN, O AMIGO   Nesta finca parceira na que inza a amizade, dos sus fértiles sucos agroman  as palabras que un día pronunciaron os que xa están ausentes. Hainas que están latentes vencelladas á terra en espera … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 6 Comentarios

AVE, OH DEUSA STERCORE

Polos primeiros de abril, cando espertou a deusa Stercore, encheuse a aldea do arrecendo da fecundidade e empezaron a cantar os eixos dos carros de abono cara as terras onde se plantaban as patacas. Canda a saída ao aire daquel … Sigue lendo

Publicado en ABRINDO AS ÁS, Creación, Fotografía, Narración | 4 Comentarios