Arquivos mensuais: Abril 2013

  Semente ao ar, para sobrevivir nace na pedra.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en

DA LUZ

  A luz relouca cos dedos entre os bucles que hai nas glicinias

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en DA LUZ

  A flor de azahar mentres soña laranxas perfuma a espera.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en

  Cos pestanexos as bolboretas enchen os xardíns de ollos.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 2 Comentarios

A XUSTIFICACIÓN

  Os diálogos sen escribir non teñen faltas de ortografía.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 7 Comentarios

VIVAT ACADEMIA

  Unha das institucións máis sombranceiras da nosa cultura, a RAG, volve á normalidade, entendendo por normalidade que a institución poida funcionar e cumprir o importante papel que lle asigna a sociedade: ocuparse dos asuntos propios do idioma propio. Ao … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en VIVAT ACADEMIA

HOMENAXE A ZECA AFONSO

  http://www.youtube.com/watch?v=rZx_yEiEYqw Cando a música aniña nun poeta e el se volve profeta da emoción solidaria, a humanidade aprende a xogar coa inocencia da súa voz espida dirixida a iluminar o mundo. E de súpeto o xogo inflámase de cores … Sigue lendo

Publicado en Creación, Poesía | 2 Comentarios

A EFICIENCIA

  A muller da parede vixiaba soa aquel próspero negocio.

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | Comentarios desactivados en A EFICIENCIA

A PREOCUPACIÓN

  Pasaba o tempo angustiado. ¿Como faría para se espir?

Publicado en Creación, Fotografía, Nanorrelatos, Narración | 3 Comentarios

TARDE PRIMAVERAL

  A ría via a primavera. A primavera era. A primavera ría.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | 2 Comentarios