Arquivos mensuais: Maio 2013

PLENITUDE

Xa é feliz e só agarda o vento que veña espila.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 2 Comentarios

UN OVO DE MERLO

    Hoxe apareceu un oviño de merlo pousado no meu muro. Tirárono desde unha camelia ben acopada na que a parella de “lustrosos larpeiros” construíu niño utilizando a última tecnoloxía: os plásticos. Os paxaros aprenden a sustituír os materiais … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 2 Comentarios

O SOÑO

  Pingas de chuvia… Por uns minutos pensan que son pedriñas.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en O SOÑO

RESIGNACIÓN

A sinxeleza saber vivir tranquila riba do abismo.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 2 Comentarios

NADA

  Estaba a flor, veu o ao aire esfollala e a tarde segue.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en NADA

ESPIDO

  Na mañá núa cófase o sol á pel das margaridas.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en ESPIDO

LETRAS ANTES DAS LETRAS

    Sendo convidada pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña a pronunciar unha conferencia sobre os 150 anos de Cantares gallegos estiven no Centro Galego de Barcelona participando tamén das súas actividades arredor do 17 de maio. O seu … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios

O RECORDO DO CAPRI

  Chamábase Capri, nome herdado dun cadelo que tivera un neno amigo e lle comera o lobo polas beiras da vila en invernía dura. Era nome bonito e púxenllo a el. Capri lle quedou, aínda que só eu llo chamase. … Sigue lendo

Publicado en Creación, Narración | 6 Comentarios

BUSCANDO OURO

  Estes días Galicia amarelea por todas partes. Entre os toxos e as xestas fixeron dos montes un continuum dourado coa elegancia das cúpulas e as pontes parisinas. E os pampillos saen á beira de todos os camiños confundindo a … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en BUSCANDO OURO

RETORNOS

  Se hai señardade sempre se vai buscando a mesma pedra.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 2 Comentarios