Arquivos mensuais: Agosto 2013

PUCHARCAS

  Todo se torna se a chuvia viste o chan con pel de espello

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | Comentarios desactivados en PUCHARCAS

ESPIDO

Xogando este mediodía coa cámara -xogar é un dicir- dei con esta forma. Parécese a unha creación poética en que se acopla o que chega de fóra, neste caso por azar, cunha forma descoñecida que está agardando dentro. Como me … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en ESPIDO

¿QUE APLAUDÍAN?

    Como sobriña dun rapaz apresado no concello de Becerreá e executado no de Láncara, limítrofes co de Baralla, en agosto de 1936, gustaríame saber que aplaudía a veciñanza o día do pleno para pedir o cesamento do alcalde … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 2 Comentarios

EMPANADAS NO VERÁN

    Se calquera momento é bo para levar unha empanada á mesa, cómodo manxar que aforra o prato –esa é a súa orixe- e ten na temperatura ambiente o seu mellor punto de sabor, o verán ven moi xeitoso … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Gastronomía | 1 comentario

EQUILIBRIO

  Por nós colgados en virutas de luz transito as sombras.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 3 Comentarios

ARTE

  Con dous olvidos a caroca instalou esta avangarda.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 2 Comentarios

PREMIOS “ALECRÍN DOURADO”

  A Federación de Entidades Galegas en Cataluña (FEGALCAT) organiza cada ano un encontro en distintos lugares de Galicia. No seu transcurso fai actividades culturais e entrega os galardóns “Alecrín dourado” a persoas ligadas ao servizo á entidade e do … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en PREMIOS “ALECRÍN DOURADO”

EVASIÓN

  ¡Ai, quen puidese construír o pontigo que nos saltara!

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 2 Comentarios

OCULTO

    Ti sempre aí, mar interior dos soños, batalla escura.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía | 1 comentario

AQUELES DOCES CANTARES

  Aqueles doces cantares. Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro, ven de ser publicado polo Consello da Cultura Galega como unha aportación máis ás actividades que a institución desenvolveu hogano para conmemorar os 150 anos de Cantares gallegos (1863-2013). … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios