Arquivos mensuais: Abril 2014

NOCTURNO

  E nacían os labios desa noite maduros e velados e serenos.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en NOCTURNO

FEÍSMO E CAMPOS DE GOLF

  En novembro de 1993 fun a Trier (Tréveris) a un congreso de Lingua Galega. O aeroporto máis próximo está en Luxemburgo e, de Barcelona ata alí, fun sentada onda un pasaxeiro  con equipo de golf que, segundo dixo, ía … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en FEÍSMO E CAMPOS DE GOLF

PERMANENCIA

Detrás da rosa están xardín e tempo canda o recordo.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | 2 Comentarios

DESEXO

 Non querería as tardes sen campás e o amor sen bicos.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en DESEXO

DO VERNES SANTO AO SÁBADO DE GLORIA

  O Vernes Santo era o día do silencio. Nin sequera na miña casa se cantaba. Os Via Crucis facíanse só rezados e non se dicía o Gloria Patris, senón unha xaculatoria que nunca dei aprendido. Besbellaba no seu canto … Sigue lendo

Publicado en Creación, DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en DO VERNES SANTO AO SÁBADO DE GLORIA

VOO

Chegou nun soño de lenedade gris vencendo a morte.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en VOO

INFANCIA POBRE

Dous millóns oitocentos mil nenos e nenas do estado español están na soleira da pobreza. Tendo tan baixa a natalidade, a cifra revela que hai unha parte grande da poboación que non pode coidar da súa prole como ten encomendado. … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en INFANCIA POBRE

XOVES SANTO

  Se os de Lamas eran donos naturais da celebración do Domingo de Ramos, os de Ouselle érano da do Xoves Santo, pois cantaban os Via-Crucis mellor que ninguén e poñían o Monumento máis bonito: Lágrimas de corazón, de corazón … Sigue lendo

Publicado en Creación, DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en XOVES SANTO

PERDAS

  Todo pode fugársenos das mans igual que a cor do lirio.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en PERDAS

IMPOSIBLE

Gardar o branco na camelia dos soños, outro imposible.  

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en IMPOSIBLE