Arquivos mensuais: Maio 2014

DO PAN MORENO

  Unha cantiga popular de noso fai referencia ao pan, establecendo distancias máis que de gusto entre dous cereais: “Mariquiña do Forneiro,/ se coceres faime un bolo./ Se mo fas, faimo de trigo/ que de millo non cho como”. E … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 2 Comentarios

RESEÑA DE “Remontar o río”.

http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/05/24/remontar-o-rio-de-helena-villar-janeiro/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en RESEÑA DE “Remontar o río”.

GALICIA EN BARCELONA

  O pasado 17 de maio, a Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña e o Ayuntament de Barcelona organizaron un acto institucional no Saló de Cent para celebrar o Día das Letras Galegas. A pesar de que á mesma … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en GALICIA EN BARCELONA

TRÁNSITO

  Xa voara o paxaro ferido pola tarde e as mans todas das cousas se alzaban ao luar.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en TRÁNSITO

VIAXEIROS AO TREN

  Nas viaxes de Rianxo a Santiago vin nacer e medrar a estrutura da ponte que, saíndo de dous túneles, salta a desembocadura do río Ulla para que o poida cruzar o AVE. É obra complexa por se asentar xa … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en VIAXEIROS AO TREN

MÚSICA MORADA

  Ven o merlo, que xa a tarde perdeu trazas de chover, tensar a lira do lirio que se dispón a morrer.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en MÚSICA MORADA

O FÚTBOL É ASÍ

    Non vou referirme ao fútbol como nova relixión coa que hai que contar no calendario para que nada coincida cunha hora tomada pola liturxia dunha retransmisión. Nin da curiosidade de que un deporte mova tal cantidade de diñeiro … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en O FÚTBOL É ASÍ

CON FLORES A MARÍA

     A nena cantaba moi ben os cánticos de maio, o mes das flores, que eran para María. Venid y vamos todos con flores a porfía, con flores a María que Madre nuestra es. A nena coñecía ben a … Sigue lendo

Publicado en Creación, DA NENA PARA A NENA, Narración | Comentarios desactivados en CON FLORES A MARÍA

DEPENDENCIA E INDEPENDENCIA

  A palabra independencia naceu coa carga dun sufixo que significa negación. Xa que logo, a palabra positiva parece dependencia. Eis un xogo de vocablos que na forma están pouco relacionadas co valor que adoitamos darlles. A dependencia non é … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 2 Comentarios

ILUSIÓN

 Como unha noiva hoxe vestín os tules que tece o tempo.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | 2 Comentarios