Arquivos mensuais: Xullo 2014

GUERRA

A terra, xenerosa cos seus froitos, láiase xa de ulir o sangue vivo que como viño lle derrama a guerra.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en GUERRA

HILDEGART

No imaxinario feminino que meu pai puxo ao meu alcance de nena estaban Rosalía, Concepción Arenal, Pasionaria, Rosa Luxenburg e a señorita Hildegart. Rosalía estaría en todos os fogares galegos. Concepción Arenal non creo que suscitase moitas diferencias de aprezo. … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en HILDEGART

ANGROIS

  Todo debera ser distinto. A Grandeira non tiña que estar na vía. A traxedia debera andar en folga. A morte debería rexeitar tal convite. O reloxo non podería marcar aquela hora. O tren debía chegar cando partiu. Todo debera … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en ANGROIS

DESEÑOS PARA CONTOS CLÁSICOS

Chambra para a madrastra de Branca Neves

Publicado en Fotografía, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en DESEÑOS PARA CONTOS CLÁSICOS

HOMENAXE A XOSÉ CHAO REGO

Xosé Chao Rego recibirá esta tarde unha homenaxe na súa terra, Vilalba. A Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá organizan este acto de colocación do Noveno Hectómetro Literario, dedicado a el, ás 17:30h. no Paseo dos … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 4 Comentarios

GAZA

É noite de chorar. Calquera nó se volve a caliveira dun meniño.

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en GAZA

SARCÓFAGO

Quixen ver o sarcófago dun náufrago vencedor de mareas e de esperas.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en SARCÓFAGO

THOR

Oín berrar a Thor: -¡¡¡Traédeme o meu mjolnir!!! E tremeceu a tarde.

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en THOR

ACHEGAR A POESÍA Á EDUCACIÓN

Toda criatura humana nace poeta. Á escuridade chamaralle susto e aceptará que non pode xogar nas randeeiras porque dormen. O pracer de xogar coa lingua é dos primeiros en manifestarse. Despois fará frases con metáforas, sinestesias e metonimias, porque os … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Poesía | Comentarios desactivados en ACHEGAR A POESÍA Á EDUCACIÓN

SOÑO

Era sagrada a copa vexetal na que o sangue do soño se exhibía.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en SOÑO