Arquivos mensuais: Agosto 2014

A MAN DA CERVA (memoria lendaria dos castelos d’Os Ancares)

No castelo de Doiras, en tempos que xa ninguén acorda que os acorde ninguén, vivía o nobre Froiaz con dous fillos mozos, Aldara e Egas, que tiñan amigos noutros castelos de redonda. No de Doncos, estaba Airas, que os visitaba … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, Prosa poética | 5 Comentarios

GUSTOS TURÍSTICOS

Mentres uns transeúntes vacacionais se dirixen a Borja para ver un Ecce-Homo transformado e outros asisten á destrución incomprensible de 140.000 Kg. de froitos na tomatina de Buñol, uns poucos chegan ordenadamente ata os arredores do lugar onde paso o … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 1 comentario

HISPANIA

E quixen ver que así nos fixo o outono por intuición.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | 1 comentario

REFUXIO

Ferida a luz o naufraxio aconsella pregar as velas.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en REFUXIO

PEIRAO

Non partirán as naves anoadas na argola mais é incerta a noite da do cabo esfrebado…

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en PEIRAO

ANTICIPANDO O SAN FROILÁN

  O Concello de Lugo anticipou os nomes de quen tomarán a palabra nas cerimonias importantes da súa festa máis emblemática e unha das grandes de Galicia, o San Froilán. A conmemoración chega co outono e concita as xentes de … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en ANTICIPANDO O SAN FROILÁN

AS RAÍCES DO CACIQUE

A profesora, convencida de que a educación é o motor da liberación humana, quixo facer prácticas de democracia con alumnado de ESO tomando a aula como unidade social. Nada mellor que a elección da persoa que ostenta a delegación do … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | 4 Comentarios

BOTAS DE FUSILADO EN 1936

Souberon que perderan, detrás de tres disparos que as fixeron tremer, a axilidade de quen as calzaba, os pasos e a calor que dá a vida. Souberon que marchara, agora doutro xeito, aquel roce coa vida que perderan ata se … Sigue lendo

Publicado en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en BOTAS DE FUSILADO EN 1936

SINXELEZA

Afai os pés a gozar da beleza que teñen perto.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | 1 comentario

EXPECTATIVA

¿Que sente a chuvia na primeira caída, sobre a rosa?

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en EXPECTATIVA