Arquivos mensuais: Setembro 2014

BOUREO

Esta era a tarde na que un dragón mandaba nos meus boureos.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en BOUREO

MUSEO ETNOGRÁFICO DO MONTE CAXADO

A actividade literaria levoume estes días ao Colexio Público Integrado “Monte Caxado” das Pontes a un encontro co alumnado de Educación Primaria para falarmos do libro “As señoras cousas”. A visita converteuse nunha pequena convivencia nun centro de ensino tan … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en MUSEO ETNOGRÁFICO DO MONTE CAXADO

7. BOLBORETA

Naceu flor longa e delgada como unha bágoa desimulada e lenta. Sentiu o cofeo dos insectos canda o arrecendo que soltaba. Renaceu como froito que se foi arrepiando mentres sentía medrar dentro a semente trilliza que o inchou polo verán. … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en 7. BOLBORETA

MARCHAR

Marchar é arrincarse da terra coma unha árbore e transplantarse noutra. Deixar o souto, a fraga, a carballeira, a horta, o prado, o monte… e buscar acomodo noutro sitio lonxe e descoñecido as máis das veces. É cambiar de paxaros … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en MARCHAR

A ARTE ABANDONADA DAS PEDRIÑAS

No norte de Galicia e mais no sur hai pedriñas colocadas con amor, como con devoción mística, que van constituíndo obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí. As máis coñecidas e visitadas están á beira do mar … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en A ARTE ABANDONADA DAS PEDRIÑAS

6. ALFAIA

A auga estaba chea de subir e baixar, de nacer e morrer, de estar quieta e de andar, de estar soa e habitada, de pintar de azul e dar transparencia, de expresar risa e dor, de ser imprescindible e malgastada, … Sigue lendo

Publicado en EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | 4 Comentarios

5. BARCO

Primeiro trouxeron o poste e plantárono como unha árbore inerte. Despois aseguraron nel un cabo para que circulase a rapidez invisible. Máis tarde edificaron ao seu carón unha casa e os operarios deixaron unha fochanca que se supoñía eterna. Finalmente … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en 5. BARCO

MOEDA

O construtor fixo oco ao rosetón que os vidreiros adornaron con todas as colores ata encheren a igrexa de luz tornasolada. Mais tamén era un ollo vixiante de como o ben das almas se poñía alí á venda, e pasaban … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en MOEDA

3. POEMARIO

Cando chegou á adolescencia, sentiu rozar a casca da súa pel de xeito novedoso. E soubo así que o amor se lle achegaba agurgullando como a auga das fontes. Nas tardes de paseo das parellas máis novas notou que aquel … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en 3. POEMARIO

2. FIGUEIRA

Tivo que estar no chan para cumprir o seu desexo en vida. Na beira da alameda, xa tumbada, fórona transformando o pés dos transeúntes alleos á ambición da afortunada folla de plátano de sombra que sempre quixo ser dunha figueira. … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en 2. FIGUEIRA