Arquivos mensuais: Outubro 2014

A LINGUA ESTÁNDAR

A maioría dos falantes de Galicia expresábanse nos seus dialectos e nas súas variantes. Eran analfabetos na lingua que falaban, por incapaces de lela e escribila. É doado rastrear as fontes das súas aprendizaxes máis formais, pois cambian de idioma … Sigue lendo

Publicado en A LINGUA QUE NOS UNE, Artigos, Creación, Fotografía | 6 Comentarios

9. ESPIDO

A antuca vírase sempre vestida con ampla saia negra, ora pregada polas dobreces que organizaran as variñas, ora aberta sostida por un merinaque armado capaz de deter o sol e a chuvia. O sol molestábaa seco, deslumbrante, monótono, ferínte… A … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | 1 comentario

CAÍDAS

Todas as liñas poden conxurarse para nos conducir cara á intemperie.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en CAÍDAS

FANTASÍA

Hai algunhas paredes que nos pechan e elas querían ser violoncelos.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en FANTASÍA

O RESPECTO POLA LINGUA

Cando entrou no sistema educativo a lingua galega –xa a Lei de Xeral de Educación de 1970 admitía o seu ensino voluntario- puxemos excesiva confianza nos logros da escola, pero unha lingua ausente das institucións pode ter nelas fundadas esperanzas … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 9 Comentarios

RUÍNAS

Puiden sentir que a destrución fai arte milimetrada.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en RUÍNAS

PAIXÓN

Hai tentacións mordidas que arrastran cando asoman.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en PAIXÓN

VAGUEDADE

Unha ventá só para ver que o tempo vai de camiño.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en VAGUEDADE

AS LANCHAS DO XEITO

A Xeiteira no porto de Setefogas (Rianxo) Na praza de abastos de Rianxo aínda hai xoubas. Pregunto pretendendo saber se están graxentas e en boa comida e responde a peixeira que non son do xeito, a sabendas de que llas … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en AS LANCHAS DO XEITO

REFLEXO

Medrara na ribeira sentindo o olor do mar, a lenidade dos paxaros e as historias da mariñería que contaban os xubilados tomando o sol no banco. Botaba en falta sentir as pisadas dos humanos, as rodas das bicicletas, a velocidade … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en REFLEXO