REFLEXO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Medrara na ribeira sentindo o olor do mar, a lenidade dos paxaros e as historias da mariñería que contaban os xubilados tomando o sol no banco. Botaba en falta sentir as pisadas dos humanos, as rodas das bicicletas, a velocidade dos patíns, o tacto dos balóns ao rebotaren… Tamén lle gustaría xogar á escondedela para ser e non ser. Estaba canso de agardar polo aire, de se acanear nel, de servirlles ás pingas de escaleira. Un día que mirou como caía a chuvia en segundas do seu colo, viu que estaba no chan, onde quería estar, ser e non ser, e sentir as pisadas dos humanos…

Esta entrada foi publicada en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética. Garda a ligazón permanente.