Arquivos mensuais: Novembro 2014

MIRADAS

Imaxe do álbum fotográfico “Pucharcas” Mirar as árbores é facer oración sen ningún credo.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | 2 Comentarios

A CRISE DA PALABRA

Nas épocas de crise a primeira sufridora é a palabra. A palabra empeza a descompoñerse xa nos prolegómenos ou preparación desea crise anticipándose e abríndolle camiño. A palabra, as palabras, prostitúense ata incluso tomar un significado antónimo do que esencialmente … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en A CRISE DA PALABRA

ESPELLOS

A terra garda o recordo da chuvia nos seus espellos.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en ESPELLOS

AS BOLBORETAS MIRABAL

Apróximase o 25 de novembro, día elixido para loitar pacífica e contundentemente contra a violencia mundial coas mulleres, unha das grandes lacras da humanidade. A data foi elixida para conmemorar a morte das irmás Mirabal -Patria, Minerva e María Teresa-, … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en AS BOLBORETAS MIRABAL

“SOPA ELVIRA” EN CALDO DE PEIXE CON COGOMELOS

Na casa adoitamos comer peixe branco cocido ao que lle poñemos unha allada con pemento agridoce de La Vera. Esa auga –como todas as que levan elementos nutritivos e sabrosos de calquera cocción- aprovéitoa para elaborar outros pratos, fundamentalmente sopas … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Gastronomía | 1 comentario

SINGULAR

Só con soltarte da serie conseguiches ser algo novo.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en SINGULAR

VENTANO

(Ventá mudéxar de San Miguel de Celanova) Fendeu a vela para rachar as tebras coa luz do sol.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en VENTANO

BECERREÁ É NOTICIA

Imaxe da páxina de Facebook, Salvemos a casa de Luís.   De Becerreá, a capitalidade da comarca dos Ancares, fálase pouco no medios. Na vila que se foi colocando ao longo da N-VI, nas proximidades da ponte de Cruzul onde … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 1 comentario

NOVEMBRO

O banco só, a árbore sen folla e a morte de ouro.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en NOVEMBRO

SINXELEZA

Non saberei por que o vento escolleu tal sinxeleza.

Publicado en Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en SINXELEZA