Arquivos mensuais: Marzo 2015

A CORRUPCIÓN

O papa Francisco vén de dicir que a corrupción apesta. Este papa preocúpase dos graves problemas terrenais e, de cando en vez, bota un mínimo discurso sen categoría formal pero detras do que vai corre. Os efluvios da corrupción non … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | Comentarios desactivados en A CORRUPCIÓN

NAUFRAXIO

Alporizado, o mar recita os versos dunha elexía.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en NAUFRAXIO

NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Canción de rolda

  As nenas xogan á rolda reproducindo o fío de zurcir memorias desmembradas. Por entre aquela rolda pasa un rei, unha raíña, un conde, unha condesa, le bon roi Dagobert, la fille du roi… E despois vén Mambrú e o … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Canción de rolda

150 CANTARES PARA ROSALÍA

Presentindo o arrecendo primaveral que anima o canto dos paxaros e a flor das ameixeiras, traio a esta columna na véspera do Día Mundial da Poesía un dos libros nacidos arredor da celebración do sesquicentenario de “Cantares gallegos”. É, sen … Sigue lendo

Publicado en Artigos | Comentarios desactivados en 150 CANTARES PARA ROSALÍA

BLACK WOLF BLOGGER AWARD para Tirar do fío.

O blogue Tirar do fío foi nominado para Black Wolf Blogger Award por Emilio Valadé del Río (Paseante silencioso). Vaia para o amigo profesor e escritor o meu profundo agradecemento. Tirar do fío levará con orgullo esta distinción non esperada … Sigue lendo

Publicado en ENTREVISTAS | Comentarios desactivados en BLACK WOLF BLOGGER AWARD para Tirar do fío.

REVESES

Todas as cousas se mostran nos reveses máis verdadeiras.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | 2 Comentarios

CAROCAS

    Chega a vellez e o corpo abre as súas fiestras para ver calma.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en CAROCAS

NAS RUÍNAS

Sabe o merliño todo canto de amor hai nas ruínas.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en NAS RUÍNAS

PRIMAVERA

Flor e paxaro… ¡Que pouco necesita a primavera!

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | 2 Comentarios

NON AO VAGÓN DO TREN

As mulleres chegaron ao tren da historia no vagón xineceo de nais, esposas, fillas e serventas. Aínda unido ao resto para que os homes fixesen tránsito de intercambio coa carne da súa carne, corazón do seu corazón ou simplemente servidoras … Sigue lendo

Publicado en Artigos, FEMINISMO, Fotografía | 2 Comentarios