Arquivos mensuais: Novembro 2015

CANTAROLA PARA XOSÉ NEIRA VILAS (HOMENAXE A BALBINO)

No chan do cuarto boneca nova, pero a nena está cansa e xa non xoga. Libros abertos riba da colcha e a nena chosca os ollos e agora soña coa boneca no colo da noite longa. E das follas dos … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en CANTAROLA PARA XOSÉ NEIRA VILAS (HOMENAXE A BALBINO)

O CORPO DAS MULLERES

As mulleres, cando alcanzaron un grao de liberdade que lles deu formación para achegarse a lecturas e estudos, tiveron contacto coa cultura universal e non perderon a ocasión de recuperar tempos para a escrita, como tan ben fixo Rosalía dándonos … Sigue lendo

Publicado en Artigos, FEMINISMO, Fotografía | 6 Comentarios

ÁS MARÍAS DE COMPOSTELA, DÚAS MULLERES QUE SUFRIRON VIOLENCIA E HAI QUE REIVINDICAR

AS MARÍAS EN PUNTO Para que delataran os irmáns perseguidos espíanas na rúa. Daquela viña a lúa chamando pola brétema para que a carne núa fose estatua mollada. Non houbo tregua nesas noites de infamia e aquela pel pedía ser … Sigue lendo

Publicado en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía | 11 Comentarios

ESPERAS

Galanteábanse e recitaban versos ata caeren.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en ESPERAS

OS COMEDORES ESCOLARES

A educación que reciben as criaturas ten que ser prevista como integral por todas as persoas e institucións encargadas de llela impartir. O que acontece ao redor das crianzas vaise gravar na súa plasticidade e deben redirixirse camiños se se … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, Gastronomía, PEDAGOXÍA | Comentarios desactivados en OS COMEDORES ESCOLARES

CHAIREGO DE HONRA

O profesor, escritor e activista cultural David Otero vén de ser nomeado Chairego de Honra pola Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, en agradecemento a ser “Espallador das esencias da Terra Chá por todas as comarcas do país”. Como … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía | Comentarios desactivados en CHAIREGO DE HONRA

O DRAMA DOS FEMINICIDIOS

Non quero pensar que, mentres escribo isto, estea a nacer unha meniña que trae, como superposto ao seu ADN, o dramático destino de morrer algún día a mans do seu mozo, parella ou exparella. E tampouco quero crer que unha … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía | 2 Comentarios