ÁS MARÍAS DE COMPOSTELA, DÚAS MULLERES QUE SUFRIRON VIOLENCIA E HAI QUE REIVINDICAR

1220926794816_f

AS MARÍAS EN PUNTO

Para que delataran os irmáns perseguidos
espíanas na rúa.

Daquela viña a lúa
chamando pola brétema
para que a carne núa
fose estatua mollada.

Non houbo tregua
nesas noites de infamia
e aquela pel pedía ser tapada
para borrar tan prolongada aldraxe.

E a roupa rechamante
cubriu esas estatuas laceradas
das Marías en Punto
cando ían ao paseo.

Cada cor, cada onda, cada floco
das coloridas roupas como bálsamo
curaban esas dores sepultadas
debaixo das súas toscas maquillaxes.

Aos dous xardíns amenos de loucura
foron paxaros nosos a abeirarse
soltando naquel voo as alas presas
polo invicto adival do ditador.

1208427509_850215_0000000000_sumario_normal

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Esta entrada foi publicada en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía. Garda a ligazón permanente.