Arquivos mensuais: Xaneiro 2016

RÍO

Ves no teu río, ímpetos e remansos, e eu son a pedra.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en RÍO

FILLOAS E FEIXÓS

Para quen coñecemos e degustamos ambas modalidades do prato a base de ovos, fariña triga e líquido abondoso, cociñado a culleretadas en tixela untada con touciño, distinguimos as filloas e os feixós (normativamente freixós, mais vou respectar o nome ancarés), … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en FILLOAS E FEIXÓS

PEDRA

Música ou serpe, todo estaba na pedra antes do Edén.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en PEDRA

MAREAS

Bailando un valse o mar riza e desriza saias fruncidas.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en MAREAS

BÁGOAS

Saben as bágoas que as tristezas de amor arden na boca.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en BÁGOAS

FIESTRA

Non ten paxaros a cortina do ceo e pecho a fiestra.

Publicado en Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en FIESTRA

INTERIOR

Mirar. Non ver. Volver os ollos dentro. Soñar un cadro.

Publicado en Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en INTERIOR

COCIÑAR RECUPERA O VIVIDO

Viñéronme acompañar sabias mulleres ancaresas para facer este caldo. A señora Xenoveva, velliña de saia longa e fruncida que vivía de pedir, cos seus refráns: “En xaneiro/ saben as verzas a carneiro”. “O caldo que non leva un pouco unto/ … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Gastronomía, Prosa poética | Comentarios desactivados en COCIÑAR RECUPERA O VIVIDO

O ENTROIDO GALEGO. GASTRONOMÍA

O Entroido máis longo de España celébrase en Xinzo de Limia. Empezou o pasado domingo, fareleiro –farelo e fariña andan pola rúa para botarlles encima aos participantes-, ao que seguirán outros catro: oleiro, corredoiro, entroido propiamente dito ou lardeiro e … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Gastronomía | 2 Comentarios

DESPEDIDA

Canta soidade no templo amoedado que se despide.

Publicado en Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | 2 Comentarios