Arquivos mensuais: Marzo 2016

ESPERANZADO INVERNO

Follas de inverno para aniñar o amor en primavera.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en ESPERANZADO INVERNO

LESBOS

Para esta Lesbos natura arrastrou follas, non nenos mortos.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en LESBOS

74 ANOS SEN MIGUEL HERNÁNDEZ

UN RAIO ENTRE DOUS ÚTEROS … se hundió en la noche el niño que quise ser dos veces. Miguel Hernández   A túa vida foi raio entre dous úteros un raio que encendía conciencias e xasmíns, unha luz que esporaba … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía | Comentarios desactivados en 74 ANOS SEN MIGUEL HERNÁNDEZ

TRADUCIR SILENCIO

Difícil arte traducir o silencio a poesía.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en TRADUCIR SILENCIO

CHUVIA E MEMORIA

Chove na tarde. Vai chegar a memoria pedirche estiño.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en CHUVIA E MEMORIA

DÍA INTERNACIONAL DO GORRIÓN

O 20 de marzo foi do Día Internacional do Gorrión (World Sparrow Day), por iniciativa da Nature Forever Society da India e outras organizacións conservacionistas de todo o mundo. Pretenden espertar o interese pola especie que sofre un preocupante declive, … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, PEDAGOXÍA | Comentarios desactivados en DÍA INTERNACIONAL DO GORRIÓN

POESÍA E PALABRAS

21 de marzo. Día Mundial da Poesía.     Son as palabras no oficio de poeta danza de escumas.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en POESÍA E PALABRAS

POESÍA

A poesía dános o don de ver o que queremos.  

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en POESÍA

GÓLGOTA

E sae un rezo Gólgota vexetal entre toxeiras.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en GÓLGOTA

AVANZAN POLA LAMA

Avanzan pola lama tirando por carriños con criaturas, e cadeiras de rodas con enfermos e anciáns. Levan algo de equipaxe en bolsas e mochilas, pero vese mundanza que deixa todo atrás. Avanzan coa cabeza gacha, mal calzados e enguruñados polo … Sigue lendo

Publicado en Artigos | 2 Comentarios