O DESCARO DO PLAXIO NA ERA DA POSVERDADE

Unha senadora de Foro Asturias presentaba os seus discursos copiados literalmente de artigos de prensa, páxinas web e publicidade. “Unha plaxiadora en serie”, di un dos copiados, Carlos Prieto (“El Confidencial”), pois servíalle calquera texto relacionado co tema que debía tratar. Descuberta e afeada dalgún xeito esta conduta impresentable nunha sociedade que queira chamarse seria, manifestou que era o estrés, xa que ás súas señorías case non lles queda tempo para o inxente labor que lles esixe a Cámara Alta. E nós, xente da rúa, falando de suprimir o Senado pola súa inutilidade ou, cando menos, por non ter unha tarefa que o faga rendible, xa que non hai relación entre o que nos custa e o pouco útil que nos é. Por estes plaxios, a senadora cobra 5.700€ euros ao mes, cando quen fan os orixinais poden ser con moita sorte mileuristas ou simples becarios. Isto era impensable incluso sen medios de rastreo para descubrilo, que xa tiña mérito ter escrúpulos daquela. Claro que os escrúpulos podían vir do medo á desautorización pública, porque había desexo de benquedar ante uns principios éticos que non o desculparían. Daquela, e non hai tanto, para as trampas contratábase un “negro”, é dicir, un escravo, ao que se lle pagaba a cambio da renuncia á autoría en beneficio do pagador. Practicamente eran todos homes, o que me permite escribir sen  remirar a linguaxe. Hoxe éme necesario facelo, porque moitas mulles, aquí temos mostra, ocupan cargos que esixen formación para desempeñalos con dignidade, como tamén hai traballadoras cualificadas intelectualmente que puideran ser explotadas en clandestinidade intelectual. Era así, digo, porque a quen fose pescado coas mans na masa montábaselle unha que, no caso que nos ocupa, obrigaría á senadora a deixar o cargo ou a que a retirasen del. Por Europa, inda hoxe dimiten mesmo presidentes de goberno ou ministros se se lles descobre que introduciron unha pequena parte copiada na súa tese de doutoramento, inda sen ter tal traballo relación co seu desempeño público. E é porque xa se sabe: “Quen fai un cesto fai un cento,/ se lle dan vimbios e tempo”.

Isto era antes de non hai moito, Porque, recén chegada a era da posverdade, cambiou moito o valor das palabras e mesmo naceron outras. A seriedade dos dirixentes políticos, e non só eles, caeu tan baixa que o seu traballo precisa que renomeen o xa nomeado para lle colocar un envoltoiro de ambigüidade que nos faga dubidar das cousas que sabiamos. Mudan as palabras para negar sen negalo o que está claro, enganando a ollos vista coa camuflaxe dos significados. Despois dan o paso a enganar xa sen engano e non reciben penalización social polas falcatruadas ao asumir a posverdade como inevitable. Partindo desta premisa, quen ía perder o tempo en buscar “un negro ou negra” para que faga o traballo escondido nunha bufarda se se pode aproveitar gratis e directamente o de quen o presente elaborado sen ter que lle dar sequera as grazas?

Publicado en El Correo Gallego (12-05-17)

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Artigos, Creación, DEREITOS HUMANOS, Fotografía. Garda a ligazón permanente.

8 respostas a O DESCARO DO PLAXIO NA ERA DA POSVERDADE

  1. adriana fernández lagoa di:

    Lindos mensajes te dejan Helena… hay chicas que no saben donde poner el culo y lo van poniendo por el muro y los blogs de los demás.

  2. adriana fernández lagoa di:

    Lamentable…

  3. Florida di:

    Fantastic beat ! I would like to apprentice while you amend
    your site, how can i subscribe for a weblog website?
    The account aided me a acceptable deal. I have been a little bit familiar of this your broadcast offered vivid clear idea

  4. Lawrence di:

    Good day! Do you know if they make any plugins to assist with Search
    Engine Optimization? I’m trying to get my blog to
    rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good success.

    If you know of any please share. Many thanks!

  5. Gertie di:

    Hi there! This article couldn’t be written any better! Looking at this article reminds me of my
    previous roommate! He continually kept preaching about this.
    I’ll send this information to him. Fairly certain he will have a very good read.
    Many thanks for sharing!

  6. Wɦat’ѕ up tߋ еvery body, it’s my first pay ɑ visit ߋf thіs webpage; thiѕ web site incⅼudes amazing ɑnd aсtually fine
    stuff іn support of readers. http://www.timecode.org/

  7. By the time most of us have been born, the tropical positions, and due to
    this fact the Western astrology chart, have moved away from the mounted, observable positions by about 24 levels. https://www.facebook.com/numerologistsecrets/

Os comentarios están pechados.