POEMA-HOMENAXE A XOHANA TORRES

 

XOHANA TORRES[1]

 

Ti, soedá, palabra, ti sabías

dunha simple medida que non crece.

                               Xohana Torres

 

Contigo, Xohana, vou detrás da voz.

Chámoa polo seu nome, como a un neno.

Chámolle tarde

e sol

e mar

e cemiterio

e moitas veces.

Fóxenos coma un cervo

e vai moi lonxe

e pérdese

na ingravidez dos ecos.

Cando chega de máis lonxe de onde non sei

escóndese.

E faise noite.

É a soedade.

 

A miña voz,

a que fuxiu coa túa,  é o silencio

dun soñado baúl de bolboretas.

 

[1] En Festa da palabra silenciada, nº, 4, 1987

Esta entrada foi publicada en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía. Garda a ligazón permanente.