Arquivos mensuais: Outubro 2017

PARAÍSO

    Os paxaros da tarde perderon cos seus voos un paraíso.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en PARAÍSO

ÓLEOS

A exposición efémera ten os óleos a un sol que os esmorece.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en ÓLEOS

MIRADAS

  Case nunca miramos como era senón como quixemos.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en MIRADAS

ORBALLO

  Fabrica o orballo perlas que o sol nos fará crer que eran engano.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en ORBALLO

CAMELIA

Sabes a té e rozas como un haiku recén nacido.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en CAMELIA

DOS INIMIGOS (e II)

Como a aparición dos cogomelos está condicionada polas características climáticas de humidade e tempero da calor, as grandes secas e os fríos tamén son inimigos, mentres que unhas condicións climáticas moi favorables chegan a conseguilos onde tardarán moito en se … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en DOS INIMIGOS (e II)

DOS INIMIGOS (I)

  Cando fales de fungos, fala dos malos  e non terás preitos cos aconsellados. Mais para dedicarse a esta aventura con éxito o primeiro é vencer os inimigos en boa lide e con moitísimo coidado. Para quen se afeccione a … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en DOS INIMIGOS (I)

OS COGOMELOS E O AMOR

Moito levo matinado sobre o feito de que os cogomelos e o amor teñan tantos aspectos en común, empezando por seren ambas realidades fermosas, terriblemente tentadoras, fuxidías, enigmáticas e ventureiras. Non sei se pola cercanía que adoitan manter Eros e … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, Gastronomía, Sen categorizar | Comentarios desactivados en OS COGOMELOS E O AMOR

PARA QUE COMERMOS COGOMELOS

  Téñenme preguntado moitas veces se os riscos que se corren coa afección a apañar cogomelos para os disfrutar despois na mesa están xustificados polos seus valores gastronómicos. Eu creo que si. E a historia dame a razón, pois desde … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en PARA QUE COMERMOS COGOMELOS

SAÍR AOS COGOMELOS

DA MAN DO MESTRE CUNQUEIRO Chegada xa a este punto, boto man dun artigo de Cunqueiro, El viaje al bosque, publicado en El Progreso de Lugo o Día de Defuntos de 1956 e recollido en O reino da chuvia (Deputación … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, Gastronomía | Comentarios desactivados en SAÍR AOS COGOMELOS