As pingas non viñeron a suscitar nostalxias. Baixan en golfaróns a penetrar a terra buscando veas que as fagan circular como auga solidaria. A señardade non acha nesta chuvia o seu espazo, porque non veu traer sentimentos agónicos. Ela tan só desexa rebentar fontes e cantar contra as pedras sobre o leito dos ríos calmando a seca que mataba a terra.

Esta entrada foi publicada en Creación, Fotografía, Poesía, Prosa poética. Garda a ligazón permanente.