As intencións deste blog

Fágolles ás lectoras e lectores que cheguen a este blog unha invitación a pasear canda min polo carreiro que serpea entre dous barbeitos: o da vida real, e o da súa representación plástica e literaria. Procurarei que o carreiro teña á beira, como descansos  para a camiñada, a sombra do humor e a pichela refrescante da ironía crítica. Oxalá que non defraude demasiado.

5 respostas a As intencións deste blog

  1. Non defraudará!.

    Seguimos no camiño querida Helena.

  2. Concha allut Vidal di:

    Prezada Helena:

    Os meus parabéns polo teu blog pero, nesta ocasión, o meu interese radica en saber se a Concellería de Cultura do Concello de Noia pode contar contigo para impartir unha charla no mes de outubro, o día 18, venres, na casa da Cultura de Noia “A.Avilés de Taramancos”.

    Xa sei que meses atrás unha amiga que vive en Noia, Inma, contactou con nós para propoñer unha charla sobre Rosalía de Castro, sendo ti a conferenciante, eu pensei en poñela antes de xuño pero ao final resoltou que non foi así. Discúlpame por tOdo isto, pois sei que ela insistiu moito en que se programara na data que lle dixéramos, é decir, antes de xuño.

    Agora , que comeza o tempo de outono, estamos a programar dúas charlas dentro do ciclo RAMO DE LOUREIRO, en colaboración co IES “VIRXE DO MAR” de Noia. A primeira charla sería o 18 de outubro, venres, e nos gustaría contar contigo para que falaras sobre Rosalía de Castro; o lugar sería a “Casa da Cultura “A.Avilés de Taramancos”. Será posible?

    Agradecendo a túa atención e disculpándome por non contactar antes quedo á espera da túa resposta,

    Concha Allut
    (Departamento de Cultura do Concello de Noia)

  3. Helena Villar di:

    Sinto non lelo ata hoxe. Deixou de avisarme das entradas e menos mal que as atopo agora. Un bico grande agradecido a todas a túas atencións.

  4. Asun di:

    Non defraudará, nunca defraudas,miña querida Helena.

  5. Helena Villar di:

    Un bico grande, Asun.

Os comentarios están pechados.