Arquivos do autor: Helena Villar

MEU BEN PERDIDO

  -Dime linda pontella, xa non tes río? -Anda riba das nubes, meu ben perdido.

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

VERSIFICAR CON PEDRA

Versificar con pedra, vella arte de canteiros.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

OUTONO E FOLLA MADURA

Vai o outono no vento como a folla madura.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

SEDAS NO CORAZÓN

O corazón ten sedas misteriosas tapizando as estancias máis escuras.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

XV ANIVERSARIO DA CATÁSTROFE DO “PRESTIGE”

EN ESTATUAS DE SAL   Que demitan os polbos e os percebes, o arroaz e o golfiño rebozados, os cormoráns moñudos, os corvos revestidos con chupa de etiqueta, as gaivotas de fóra do papel…   Que demitan as xoubas, os … Sigue lendo

Publicado en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía | Deixa un comentario

OUTONO HORIZONTAL

Outono, horizontal cabo de luz que ardoroso inda loce no desexo.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

AUGA QUE CHORA

A auga poucas veces ten vocación de bágoa.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario

PRELUDIOS DO INVERNO

  Marca a terra o seu ritmo e pon as parras a executar preludios dun inverno.

Publicado en Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

NON É DOADO O CANTO EN REBELDÍA

Mentres o mar se achega manso a unha praia arousá a me bicar os pés e sangran as camelias a beleza encarnada que a terra lles achega ata as raíces, aló ao lonxe matan o futuro dentro das criaturas que … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Deixa un comentario

NÓS QUE NOS ATAN

Eses nós que nos atan menos do que pensamos.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario