Arquivo da categoría: PEDAGOXÍA

MARÍA VICTORIA MORENO

Estaba aí tan recolecta que nin moitas das persoas que estivemos cercanas a ela e coñecemos ben  a súa valía e os seus méritos nos lembrabamos dela como candidata idónea, por moitas razóns, para protagonizar as Letras Galegas do 2018. … Sigue lendo

Publicado en A LINGUA QUE NOS UNE, Artigos, LITERATURA, PEDAGOXÍA | 9 Comentarios

ESCOLLER OS NOMES DAS CRIANZAS

Cando nace unha criatura –agora antes de nacer, ao predicirlle o sexo- é un problema escollerlle nome porque hai que atopar consenso que satisfaga a parentela. E non é doado, que os nomes andan nese tren que chamamos “moda” e … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Fotografía, PEDAGOXÍA | 22 Comentarios

PRIMEIRA COMUÑÓN

O recordatorio da miña primeira comuñón está datado o 27 de maio de 1948, festa de Corpus Christi. Inda non cumprira eu 8 anos, pero as organizadoras de eventos parroquiais mandaron razón á casa de que debía facela, pois  sabía … Sigue lendo

Publicado en Artigos, PEDAGOXÍA | 1.284 Comentarios

O TRAXE DUN DÍA

Hoxe non se presenta ningún cliente a un xastre pedindo que lle fagan un traxe para un día. Xa custa atopar a xastrería clásica porque o Pret-à-Porter deu o seu golpe de man case definitivo e non se fai roupa … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, PEDAGOXÍA | Comentarios desactivados en O TRAXE DUN DÍA

LITERATURA INFANTIL. De Saint-Exupéry a Casares

Un ano antes da súa morte, Saint-Exupéry publicou “Le Petit Prince”, vertida cedo ao galego por Carlos Casares, o gran creador literario que intuíu divinamente como hai que escribir para a infancia. Esta grandiosa fábula universal é boa mostra da … Sigue lendo

Publicado en A LINGUA QUE NOS UNE, Artigos, Creación, Fotografía, PEDAGOXÍA | 509 Comentarios

UN RAMO DE ROSAS

Se eu fose home e vise un gran anuncio institucional do noso goberno cunha  panorámica de Compostela como fondo de varias mulleres, no que se di: “O máis grande que ten Galicia son as súas mulleres”, podería reaccionar de dúas … Sigue lendo

Publicado en Artigos, DEREITOS HUMANOS, FEMINISMO, PEDAGOXÍA | 506 Comentarios

SUPERAR A BIOLOXÍA

  As mulleres naceron para ser nais e os homes para ser pais, e deste xeito facer durar  e evolucionar a especie. Mentres tanto, deberían ir medrando, buscando de comer, tratando de sobrevivir, criando a prole e envellecendo para volver … Sigue lendo

Publicado en Artigos, DEREITOS HUMANOS, FEMINISMO, PEDAGOXÍA | 581 Comentarios

O NECESARIO CONTEXTO

Por un deses apuros que nos mete o Entroido cando hai xente noviña á que se lle ha preparar un disfrace que nos guste e lle guste, mando un mozo mercar á mercería 1m. de vivo e el pregúntame abraiado … Sigue lendo

Publicado en A LINGUA QUE NOS UNE, Artigos, Creación, Fotografía, PEDAGOXÍA | Comentarios desactivados en O NECESARIO CONTEXTO

SUMA E SEGUE

Había no lugar de Barra (concello de Cervantes), na segunda década do século XX, un home  liante que andaba na xustiza por asuntos de marcos, regas, gando en finca allea, herdanzas e todos aqueles asuntos que adoitaban enfrontar á nosa … Sigue lendo

Publicado en Artigos, DEREITOS HUMANOS, FEMINISMO, Fotografía, PEDAGOXÍA | Comentarios desactivados en SUMA E SEGUE

FEBREIRO, MES ROSALIANO

A fundadora da nosa literatura contemporánea, e grande da universal, naceu o 24 de febreiro de 1837. A información que recibiu do seu nacemento situono no 23, razón pola que asinou nesa data “Follas novas”, como fixera con “Cantares gallegos” … Sigue lendo

Publicado en A LINGUA QUE NOS UNE, Artigos, FEMINISMO, PEDAGOXÍA | 2 Comentarios