Arquivo da categoría: Creación

DOS INIMIGOS (I)

  Cando fales de fungos, fala dos malos  e non terás preitos cos aconsellados. Mais para dedicarse a esta aventura con éxito o primeiro é vencer os inimigos en boa lide e con moitísimo coidado. Para quen se afeccione a … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Gastronomía | Deixa un comentario

OS COGOMELOS E O AMOR

Moito levo matinado sobre o feito de que os cogomelos e o amor teñan tantos aspectos en común, empezando por seren ambas realidades fermosas, terriblemente tentadoras, fuxidías, enigmáticas e ventureiras. Non sei se pola cercanía que adoitan manter Eros e … Sigue lendo

Publicado en Artigos, Creación, Fotografía, Gastronomía, Sen categorizar | Deixa un comentario

PARA QUE COMERMOS COGOMELOS

  Téñenme preguntado moitas veces se os riscos que se corren coa afección a apañar cogomelos para os disfrutar despois na mesa están xustificados polos seus valores gastronómicos. Eu creo que si. E a historia dame a razón, pois desde … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Gastronomía | Deixa un comentario

O TEMPO EMBEBEDADO

Enfurcárase o tempo folla a folla ata se embebedar por entre os acios.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

A ORACIÓN DA MADEIRA

E que oracións reza a madeira morta que conserva chantadas as raíces?

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

PALETA DE LUZ

“E chegará o inverno adurmiñar a paleta de luz que trouxo o outono”.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

RIBEIRA SACRA

Deixa a seca saír os soutos náufragos saudar os irmáns ribeira arriba.

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

CARA AO MAR

Auga mansa e serea cara ao abrazo dun mar alporizado que a namore.

Publicado en Creación, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

O RUMBO DOS PASOS

Todos os pasos van marcando rumbos e os rumbos que se cruzan fan historias.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

POEMA-HOMENAXE A XOHANA TORRES

  XOHANA TORRES[1]   Ti, soedá, palabra, ti sabías dunha simple medida que non crece.                                Xohana Torres   Contigo, Xohana, vou detrás da voz. Chámoa polo seu nome, como a un neno. Chámolle tarde e sol e mar e … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía | Deixa un comentario