Arquivo da categoría: DOS TEMPOS IDOS

A CHAQUETA

Á xastrería chegou unha nai cunha reclamación pola chaqueta dun fillo. Traía metido na cabeza que a tal chaqueta non lle quedara ben. Era xente señorita, da que pagaba cando podía pagar –e non eran excusas, pois o señorío non … Sigue lendo

Publicado en DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | 2 Comentarios

OS LACÓNS DE SAN ANTONIO

O día de San Antonio Lacoeiro, o músico foi tocar o acordeón para a festa na tarde e no serán. O ramista pasou por cabo del con dous lacóns cumpridos, dos da oferta, que rifaba para pagar aquel baile en … Sigue lendo

Publicado en DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | 2 Comentarios

RETRATO LITERARIO DA AVOA HELENA

Coa mirada algo perdida, como vagando por Pumarín de Cancelada á busca do meniño que deixou no berce para ser alimentado pola vaca, Helena amostra a súa beleza de muller aínda nova. Nacera en 1872, casara con Secundino aos 20 … Sigue lendo

Publicado en Creación, DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en RETRATO LITERARIO DA AVOA HELENA

DO VERNES SANTO AO SÁBADO DE GLORIA

  O Vernes Santo era o día do silencio. Nin sequera na miña casa se cantaba. Os Via Crucis facíanse só rezados e non se dicía o Gloria Patris, senón unha xaculatoria que nunca dei aprendido. Besbellaba no seu canto … Sigue lendo

Publicado en Creación, DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en DO VERNES SANTO AO SÁBADO DE GLORIA

XOVES SANTO

  Se os de Lamas eran donos naturais da celebración do Domingo de Ramos, os de Ouselle érano da do Xoves Santo, pois cantaban os Via-Crucis mellor que ninguén e poñían o Monumento máis bonito: Lágrimas de corazón, de corazón … Sigue lendo

Publicado en Creación, DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en XOVES SANTO

A VIRXE DAS CANDEAS

  A Virxe das Candeas debera ter en Becerreá unha confraría. Os confrades serían os homes casados, poque os que contraían casamento no ano anterior eran, na miña infancia, os obrigados a seren ramistas e organizarlle a festa. Cando se … Sigue lendo

Publicado en Creación, DOS TEMPOS IDOS, Fotografía, Narración | Comentarios desactivados en A VIRXE DAS CANDEAS