Arquivo da categoría: Minirrelatos que retratan un país

OPERACIÓN FINANCEIRA

Chegaron os cómicos anunciando espectáculo para a noite na Praza do Concello. Paraban en Cebrea algunhas veces e, inda non tendo calidade, eran unha alegría no velorio permanente do altofranquismo. Pola noite non faltaría ninguén que puidera moverse a aquela … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Minirrelatos que retratan un país, Narración | Comentarios desactivados en OPERACIÓN FINANCEIRA

O VALSE

Cando D. Santiago abrira consulta pasou a ser o mozo máis valorado entre a burguesía de Cebrea. Por iso as nais avisaran as fillas de como proceder, se se dese o caso, nos bailes que celebraban entre os seus membros … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Minirrelatos que retratan un país, Narración | Comentarios desactivados en O VALSE

A MORTE DA GALIÑA

Paco da Pereira falou de Visita de Canelas a mesma mañá que don Santiago lle matou a mediodía dunha pedrada a mellor pita por lle escarabellar o pebideiro das leitugas e llo deixar feito un cristo. Aínda que a tirou … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Minirrelatos que retratan un país, Narración | Comentarios desactivados en A MORTE DA GALIÑA

O GRAMÓFONO

Don Pedro de Meizarán (Don Pedro Cela Cela y Cadórniga, dicía el nas presentacións) foi onda o xastre Abelardo para escoitar un disco no gramófono Víctor, o da imaxe dun Fox Terrier Nipper escoitando. Abelardo púxolle o tango “Se va … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Minirrelatos que retratan un país, Narración, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en O GRAMÓFONO

8 Serafín da Pereira cando foi quinto non superou a talla mínima e volveu para a casa exento do servizo militar. Primeiro tomouno con aprensión e andou amoucado, pedíndolle alternativamente á Virxe do Cebreiro e á de Tarnas que a … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Minirrelatos que retratan un país, Narración | Comentarios desactivados en

O TRAXE

A Gregorio, o xastre de Penamaior, leváronlle unha mociña a que lle ensinase a coller a agulla e o dedal, o que os paisanos chamaban “desarnarse”, a ver se valía para adquirir o oficio. A mociña, ao cabo de dous … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Minirrelatos que retratan un país, Narración, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en O TRAXE