Arquivo da categoría: MITOLOXÍAS

PENAS DAS RODAS

Telúricos xigantes que nos velan termando do pasado e do futuro.

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario

POEMA MITOLÓXICO AO PICO SACRO

  I Ben deitamos de que os deuses e os heroes subiron ás montañas buscando alí poder e soedade, pois nos cumes naceron grandes mitos despois esparexidos en chairas e valgadas xa circundadas de domesticación onde é menos doado que … Sigue lendo

Publicado en MITOLOXÍAS, Poesía | 2 Comentarios

HOMENAXE A ZECA AFONSO NO 25 DE ABRIL

Cando a música aniña nun poeta e el se volve profeta da emoción solidaria, a humanidade aprende a xogar coa inocencia da súa voz espida dirixida a iluminar o mundo.   E de súpeto o xogo inflámase de cores e … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía | 1 comentario

NO DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS

  Son río que paríu un manancial de prado con narcisos que a primavera borda nos Ancares, río que escorregou por esmeraldas nas saias moles onde chega o amor cegar nos intres amorosos galos que por amar non senten vir … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía | Comentarios desactivados en NO DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS

DEIXAR O TEMPLO (Tetraloxía)

I Pasa a auga de noite polos ollos da ponte. Non sei de onde viña, porque daquela non era miña. Sen saber onde vai dar, xuntareime con ela no seu cantar. II Misteriosas mulleres que falaban de bálsamo e ferida … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía | 1 comentario

DO MILAGRE QUE OBROU NOSO SEÑOR SANTIAGO EN AUGAS DE SARTAXES

Xilvira de Sartaxes, co mar de testemuña, dou conta dun milagre dos que o Señor Santiago obra con peregrinos que pasan pola ría camiño a Compostela para alí visitalo. Andaba aos mexillóns pola seca de agosto descalza de pé e … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía | 1 comentario

A MAN DA CERVA (memoria lendaria dos castelos d’Os Ancares)

No castelo de Doiras, en tempos que xa ninguén acorda que os acorde ninguén, vivía o nobre Froiaz con dous fillos mozos, Aldara e Egas, que tiñan amigos noutros castelos de redonda. No de Doncos, estaba Airas, que os visitaba … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, Prosa poética | 5 Comentarios

THOR

Oín berrar a Thor: -¡¡¡Traédeme o meu mjolnir!!! E tremeceu a tarde.

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en THOR