Arquivo da categoría: Poesía

OS FILTROS DA BELEZA

Hai que apartar os filtros da beleza que tende a falsidade protectora.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

VOO

Sen puntos cardinais e sen temón o instinto fuximos cara a luz que non se atopa.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

RUÍNAS TRANSLÚCIDAS

Afagamos os ollos a que vexan as ruínas mostrándose translúcidas.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

A POMBA DO RÍO

Se o río a fixo pomba, por que o vento non a libra de ter pedra nas alas?

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario

OLLO DE PONTE

A ponte baixa un ollo para que o río chore.

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

MEU QUERIDO SETEMBRO

Nel nacín, nel casei e nel fun nai. É o mes que me agasalla coa señardade de recordar non sei que que está perdido, quizabes as badaladas da novena do Santo que, xa andando setembro, marcaban o despene do sol … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, Prosa poética | Deixa un comentario

POR ENTRE AS ONDAS

Quen ten amores vai por entre as ondas igual que a garza que elegante se ergue.

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

ADOZAR A MORTE

Adozar algo a morte na caída. Deterse na vellez un pouco máis.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

DESFILE DA CHUVIA

  A chuvia organiza o seu desfile sobre a pedra que sola Compostela.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en DESFILE DA CHUVIA

RÚSTICO RAMALLETE

Rústico ramallete para seguir bordando en bastidor.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Comentarios desactivados en RÚSTICO RAMALLETE