Arquivo da categoría: PALABRAS CON IRA

AMO DUNHA MULLER

25-XI-2017 Se algún deus alevoso vén predicarche á orella que para seres grande te debes facer amo dunha muller, espanta axiña a idea. Porque tamén ti es carne compartida de nai que te pariu con dor de gran ferida.

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario

XV ANIVERSARIO DA CATÁSTROFE DO “PRESTIGE”

EN ESTATUAS DE SAL   Que demitan os polbos e os percebes, o arroaz e o golfiño rebozados, os cormoráns moñudos, os corvos revestidos con chupa de etiqueta, as gaivotas de fóra do papel…   Que demitan as xoubas, os … Sigue lendo

Publicado en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía | Deixa un comentario

NON É DOADO O CANTO EN REBELDÍA

Mentres o mar se achega manso a unha praia arousá a me bicar os pés e sangran as camelias a beleza encarnada que a terra lles achega ata as raíces, aló ao lonxe matan o futuro dentro das criaturas que … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Deixa un comentario

PUCHARCAS

Barco do sol e barrelo da lúa por entre espiñas.

Publicado en Creación, HAIKUS, PAISAXES, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en PUCHARCAS

DESMEMORIA

  Auga poboada que ao pasar pola ponte se desmemoria.

Publicado en Creación, Fotografía, HAIKUS, PAISAXES, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en DESMEMORIA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2016. HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ NO 75 CABODANO DA SÚA MORTE NO CÁRCERE COMO PRESO FRANQUISTA

O MILAGRE DA ANAINA Alondra de mi casa, ríete mucho. Miguel Hernández.   ¿Como cantar desde unha cela impía cantigas de esperanza, anainas de sosego, soñar esa xeada que cae limpa nos campos, entre insomnios e reixas?   ¿Como evocar … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2016. HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ NO 75 CABODANO DA SÚA MORTE NO CÁRCERE COMO PRESO FRANQUISTA

MEMORIAL DAS VÍTIMAS

I ÓSOS Levouno a catropea a man armada arrincándoo da casa como a esa viga mestra que terma do edificio. Tiroteado, intentou despedirse con escrita de sangue na pel dunha nogueira á que abrazou para non morrer só. Tirárono na … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en MEMORIAL DAS VÍTIMAS

ÁS MARÍAS DE COMPOSTELA, DÚAS MULLERES QUE SUFRIRON VIOLENCIA E HAI QUE REIVINDICAR

AS MARÍAS EN PUNTO Para que delataran os irmáns perseguidos espíanas na rúa. Daquela viña a lúa chamando pola brétema para que a carne núa fose estatua mollada. Non houbo tregua nesas noites de infamia e aquela pel pedía ser … Sigue lendo

Publicado en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía | 11 Comentarios

NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Canción de rolda

  As nenas xogan á rolda reproducindo o fío de zurcir memorias desmembradas. Por entre aquela rolda pasa un rei, unha raíña, un conde, unha condesa, le bon roi Dagobert, la fille du roi… E despois vén Mambrú e o … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Canción de rolda

CON TINTA LILA

Pasaba a nena… Nós, as predicadoras, falabamos para ela, que pasaba da man de súa nai… Pasaba a nai… Nós, as predicadoras, falabamos para ela, que pasaba dándolle a man á nena… Falabamos… Pasaban… Pasaban e pisaban as palabras que … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | 4 Comentarios