Arquivo da categoría: PALABRAS CON IRA

MARCHAR

Marchar é arrincarse da terra coma unha árbore e transplantarse noutra. Deixar o souto, a fraga, a carballeira, a horta, o prado, o monte… e buscar acomodo noutro sitio lonxe e descoñecido as máis das veces. É cambiar de paxaros … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en MARCHAR

ÁRBORE IRMÁ

Eras antecesora, soubéchelo e erguícheste deixando asegurados os pés baixo da terra, endurecendo a pel para afrontar os baques e abrindo os brazos á fraternidade. Nada sería igual se ti non foses, árbore irmá. Perdería a paisaxe toda esa cabeleira … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en ÁRBORE IRMÁ

BOTAS DE FUSILADO EN 1936

Souberon que perderan, detrás de tres disparos que as fixeron tremer, a axilidade de quen as calzaba, os pasos e a calor que dá a vida. Souberon que marchara, agora doutro xeito, aquel roce coa vida que perderan ata se … Sigue lendo

Publicado en Creación, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en BOTAS DE FUSILADO EN 1936

GAZA

É noite de chorar. Calquera nó se volve a caliveira dun meniño.

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Comentarios desactivados en GAZA

RECORDANDO A TRAXEDIA DO 11M

    PAR DE BOTÍNS No panel dos designios alguén lles puxo data de caducidade: once de marzo do ano dous mil catro ás sete e trinta horas da mañá. Non eran fashion, que fora restados a unha mensualidade de … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en RECORDANDO A TRAXEDIA DO 11M

PALABRA ESTRAÑA

Entre os vocablos que a poeta usa para fabricar soños non aparece GUERRA pero a poeta ten que procuralo no inferno das entrañas da humanidade para escribir o diálogo de balas e misís, de infamias e mentiras, de manipulacións e … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Comentarios desactivados en PALABRA ESTRAÑA

NA ERA REPTILIANA

  Hai humanos que deron tres saltos cara atrás na evolución e pasaron de hienas a corvos de calaza, de aí, a dinosaurios. Volven estar na era reptiliana. Sonos dos máis devastadores e temibles capaces de viviren canda nós en … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | 6 Comentarios

LUGAR DO EXILIO

  Veste na rúa e miras arredor: é o lugar do exilio. As beirarrúas polas que paseaches os teus nenos é o lugar do exilio.   O banco que venceu o teu cansazo nunha tarde ao sol é o lugar … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, PALABRAS CON IRA, Poesía | Etiquetado | Comentarios desactivados en LUGAR DO EXILIO