Arquivo da categoría: POESÍA MÍNIMA

O TEMPO EMBEBEDADO

Enfurcárase o tempo folla a folla ata se embebedar por entre os acios.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

A ORACIÓN DA MADEIRA

E que oracións reza a madeira morta que conserva chantadas as raíces?

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

PALETA DE LUZ

“E chegará o inverno adurmiñar a paleta de luz que trouxo o outono”.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

RIBEIRA SACRA

Deixa a seca saír os soutos náufragos saudar os irmáns ribeira arriba.

Publicado en Creación, Fotografía, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

CARA AO MAR

Auga mansa e serea cara ao abrazo dun mar alporizado que a namore.

Publicado en Creación, PAISAXES, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

O RUMBO DOS PASOS

Todos os pasos van marcando rumbos e os rumbos que se cruzan fan historias.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

OASIS

A chuvia nas pucharcas fai oasis do deserto que cruza as nosas vida.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario

PENAS DAS RODAS

Telúricos xigantes que nos velan termando do pasado e do futuro.

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, POESÍA MÍNIMA, XOGOS DA NATUREZA | Deixa un comentario

OS FILTROS DA BELEZA

Hai que apartar os filtros da beleza que tende a falsidade protectora.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario

VOO

Sen puntos cardinais e sen temón o instinto fuximos cara a luz que non se atopa.

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, POESÍA MÍNIMA | Deixa un comentario