Arquivo da categoría: Prosa poética

2. FIGUEIRA

Tivo que estar no chan para cumprir o seu desexo en vida. Na beira da alameda, xa tumbada, fórona transformando o pés dos transeúntes alleos á ambición da afortunada folla de plátano de sombra que sempre quixo ser dunha figueira. … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en 2. FIGUEIRA

SENTIDOS

Se a mañá me parecía tocada nun piano por señardosa, oio a noite executada nun violoncelo que sementa buguinazos entre a brétema do océano. Podo explicar a vida con música e aromas. Os ollos non son máis que os encargados … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en SENTIDOS

1. CRUCEIRO

Xeralmente atópase nunha encrucillada de camiños. Perdeu totalmente os valores estéticos e simbólicos, así como a nobreza do material de construción e a independencia do contorno, ao que está suxeito por unha arañeira cableada de gran distancia. Gañou en claridade, … Sigue lendo

Publicado en Creación, EVOLUCIÓNS, Fotografía, Prosa poética | 2 Comentarios

A MAN DA CERVA (memoria lendaria dos castelos d’Os Ancares)

No castelo de Doiras, en tempos que xa ninguén acorda que os acorde ninguén, vivía o nobre Froiaz con dous fillos mozos, Aldara e Egas, que tiñan amigos noutros castelos de redonda. No de Doncos, estaba Airas, que os visitaba … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, MITOLOXÍAS, Poesía, Prosa poética | 5 Comentarios

AGRADECEMENTOS OFRENDADOS A UN SOLPOR

Ter pasado unha infancia pobre, camiñada en zocos e chea de amor. Sentirme sempre aquela nena pobre ante a inxustiza social que sofren outros. Terme liberado dos prexuízos daquela sociedade hostil de posguerra: -Coas mulleres -Coa diversidade sexual. -Cos pobos … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en AGRADECEMENTOS OFRENDADOS A UN SOLPOR

VOLVE O TEMPO DE NADAL

Volve o tempo de Nadal. Cancelada –como toda terra de montaña- preparouse amodiño para recibilo ao son do paso do outono. Caeu a folla das árbores autóctonas volteando as colores no vento, choveu a cachón surtindo as fontes, aumentaron os … Sigue lendo

Publicado en Creación, Poesía, Prosa poética | Comentarios desactivados en VOLVE O TEMPO DE NADAL

MEU QUERIDO SETEMBRO

    Nel nacín, nel casei e nel fun nai. É o mes que me agasalla coa señardade de recordar non sei que que está perdido, quizabes as badaladas da novena do Santo que xa marcaban a caída do sol … Sigue lendo

Publicado en Creación, Fotografía, Prosa poética | 2 Comentarios